A Xunta presenta o novo número da revista de estudos xacobeos ‘Ad Limina’, centrado no Camiño de Santiago en Cataluña

O Centro Internacional de Acollida ao Peregrino acolleu a presentación do novo número da revista especializada na cultura xacobea Ad Limina, que chega ao seu decimocuarto número.

Coordinada polo profesor Carles Sánchez Márquez, da Universitat Autònoma de Barcelona e Museu de Terrasa, conta con nove traballos de investigación arredor de Cataluña e o Camiño de Santiago, ademais doutras novas investigacións e recensións de publicacións.

Promovida polo Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago

Creada no Xacobeo 2010 pola S.A de Xestión do Plan Xacobeo como revista de investigación sobre o Camiño de Santiago e as peregrinacións, o prestixio de Ad Limina conta cunha versión impresa e outra dixital que lle permite unha ampla difusión e o recoñecemento internacional da alta calidade dos traballos que leva publicados ao longo destes 14 números. Publícase anualmente en aberto e pode consultarse en papel ou en dixital na web caminodesantiago.gal.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *