Acollida e Hospitalidade no Camiño de Santiago. Fotografías de Manuel G. Vicente 🗓

Unha experiencia hospitalaria e solidaria, vivida e creativa, a carón dos peregrinos, no Camiño de Santiago, nos albergues e na meta da peregrinación xacobea, en harmonía coa celebración do Xubileo da Misericordia.

Un espazo compartido de valores universais
O exercicio da hospitalidade, a acollida ao peregrino, é un valor considerado dende hai séculos coma a pedra angular do Camiño de Santiago. Unha forma de espiritualidade poeticamente recollida nas fotografías que Manuel G. Vicente tomou ao longo do Camiño durante as últimas décadas, na ruta e nos seus albergues. Esta entrañable acollida fúndese coa vivencia do encontro, a solidariedade, a amizade e mais a comprensión mutua. A todo iso hai que engadir os valores paisaxísticos, a historia compartida e a cultura.

Unha experiencia de comunicación e afectos
A medida que avanzan as xornadas, prodúcese no Camiño unha comunicación a varios niveis. En primeiro lugar, do peregrino consigo mesmo, pois a linguaxe interior é esencial na experiencia da peregrinación. Coa introspección chégase a unha autoconstrución reflexiva e personalizada, na que cadaquén recrea as súas vivencias a través da memoria e os afectos.

En segundo lugar, establécese unha comunicación co propio Camiño e, por último, cos seus compañeiros de ruta, cos hospitaleiros e os paisanos. O espazo mental ou espiritual do Camiño de Santiago, evocado e recreado, configúrase dende a afectividade de quen o vive; vilas, cidades, sitios históricos e paisaxes naturais asumen valores afectivos nesta construción espontánea. Un marco sensible no que se desenvolve unha fecunda comunicación entre o peregrino e o seu contorno natural e humano.

Espazo: Casa de Galicia en Madrid

Dirección: C/ Casado del Alisal, 8. Madrid

Datas: 4 de maio – 1 de xuño de 2023

Horario da exposición:
De lunes a sábado, de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h
Domingos e festivos, de 10:00 a 14:00 h

Organiza: Turismo de Galicia

Colabora: Casa de Galicia en Madrid

from to
Scheduled Eventos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *