Acerca de

Blog do Camiño de Santiago en Galicia

Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo
25 años de promoción dos Caminos de Santiago

A Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo é un organismo público, dependente de Turismo de Galicia, destinado á xestión dos servizos comúns da rede de albergues da Comunidade Autónoma de Galicia, e do resto do seu patrimonio social. Tamén ten como obxecto a coordinación de actuacións específicas relacionadas co Camiño de Santiago e a cultura xacobea.

Creouse en 1991 con motivo do Ano Santo de 1993, o denominado “Xacobeo 93”.

En concreto, constitúe o obxecto da Sociedade a realización das seguintes actividades:

  • A xestión dos ingresos e gastos derivados do funcionamento da rede pública de albergues o do resto de edificios da entidade.
  • A coordinación das actuacións en materia de dotacións de albergues, de conservación, sinalización e recuperación do Camiño, así como a execución das encomendas de xestión que se puideran realizar nestas materias.
  • As relacións coas asociacións de amigos do Camiño de Santiago.
  • A coordinación de actuacións específicas relacionadas coa cultura xacobea, en especial as exposicións, así como a execución das encomendas de xestión que se puideran realizar nestas materias.

En 2016, a Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo celebra a súas vodas de prata preparando xa o que será o seguinte ano santo: o 2021.

INFORMACIÓN DE CONTACTO:

Estrada Santiago-Noia km 3 s/n
15897 Santiago de Compostela

Teléfono de información xeral:

  • Dende Galicia:
    012
  • Dende fóra de Galicia:
    981 900 643
    902 112 000
  • Dende o estranxeiro:
    00 34 981 900 643
    00 34 902 112 000

Correo de información xeral:

  • Correo electrónico: 012@xunta.es

Contacto de Información do Camiño de Santiago:

  • Teléfono: 902 332 010 // 00 34 981 572 004
  • Correo electrónico: xacobeoweb@xacobeo.org