Acerca de

Blog do Camiño de Santiago en Galicia

Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo
25 anos de promoción dos camiños de Santiago

A Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo é un organismo público, dependente de Turismo de Galicia, destinado á xestión dos servizos comúns da rede de albergues da Comunidade Autónoma de Galicia e do resto do seu patrimonio social. Tamén ten como obxecto a coordinación de actuacións específicas relacionadas co Camiño de Santiago e a cultura xacobea.

Creouse en 1991, con motivo do Ano Santo de 1993, o denominado Xacobeo 93.

En concreto, constitúe o obxecto da sociedade a realización das seguintes actividades:

  • A xestión dos ingresos e gastos derivados do funcionamento da rede pública de albergues e do resto de edificios da entidade.
  • A coordinación das actuacións en materia de dotacións de albergues, de conservación, sinalización e recuperación do Camiño, así como a execución das encargas de xestión que se poidan realizar nestas materias.
  • As relacións coas asociacións de amigos do Camiño de Santiago.
  • A coordinación de actuacións específicas relacionadas coa cultura xacobea; en especial, as exposicións, así como a execución das encargas de xestión que se poidan realizar nestas materias.

En 2016, a Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo celebra as súas vodas de prata e prepara xa o que será o seguinte ano santo do século XXI: o 2021.

INFORMACIÓN DE CONTACTO:

Estrada Santiago-Noia Km. 3 s/n
15897 Santiago de Compostela
Tlf. información:

Teléfono de información xeral:

  • Chamar ao teléfono:
    • Desde Galicia:
      012
    • Desde fóra de Galicia:
      981 900 643
      902 112 000
    • Desde o estranxeiro:
      00 34 981 900 643 
      00 34 902 112 000

Correo de información xeral:

  • Correo electrónico: 012@xunta.es

Contacto de Información do Camiño de Santiago:

  • Teléfono: 902 332 010 // 00 34 981 572 004
  • Correo electrónico: xacobeoweb@xacobeo.org