37 Runión de Asociacións Hispania Nostra

Data: do 21 ao 23 de setembro de 2018

Lugar: Mosteiro de San Martiño Pinario. Santiago de Compostela

Organiza: Hispania Nostra

Colabora: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e Turismo de Galicia

Páxina Web: www.hispanianostra.org
Correo: secretaria@hispanianostra.rg

Os próximos días 21, 22 e 23 de setembro terá lugar na cidade de Santiago de Compostela a 37 Reunión anual de asociacións e xestores culturais de Hispania  Nostra.

O lugar no que se celebrará este encontro é o Mosteiro de San Martiño Pinario, edificio do século X, onde predominan os elementos renacentistas, barrocos e neoclásicos. Está situado xunto á catedral de Santiago de Compostela, e posúe a categoría de Patrimonio da Humanidade como elemento asociado ao Camiño de Santiago.

En canto ás actividades complementarias e de carácter externo visitarase a Catedral, parte da cal se atopa en proceso de restauración, e onde se explicará esta intervención, así como as súas causas, desenvolvemento e obxectivos.

Tamén se fará unha visita guiada ao Centro Galego de Arte Contemporánea obra do arquitecto Álvaro Siza Vieira e eixo vertebrador da recuperación desta zona da cidade, outrora degradada.

Situado xunto a este centro visitarase o Museo do Pobo Galego, que ocupa o convento de San Domingos de Bonaval, con elementos góticos, renacentistas e, sobre todo, barrocos. Trátase do museo etnográfico máis importante de Galicia e foi galardoado co Premio Nacional de cultura tradicional e de base no ano 2008.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *