A exposición itinerante ‘Acollida e hospitalidade no Camiño de Santiago’ chega a Ferrol

A mostra constitúe un homenaxe a todos os hospitaleiros voluntarios que conforman unha pedra angular para a rutas xacobeas a través dunha selecta colección de fotografías de Manuel G. Vicente.

As imaxes, que foron sacadas nas últimas décadas, dende finais dos 90 ata hoxe, mostran a importante función que desempeñan os hospitaleiros voluntarios en diferentes albergues e puntos do Camiño de Santiago.

Así, a través das fotografías, pódese afondar neste labor desinteresado que realizan día a día as Asociacións de Amigos do Camiño e os hospitaleiros voluntarios en todas partes do mundo, inundando a Ruta Xacobea dunha esencia de fraternidade e solidariedade e difundindo os contidos culturais e espirituais do Camiño.

A exposición ‘Acollida e Hospitalidade no Camiño de Santiago” puido xa visitarse en Santiago de Compostela e está a realizar na actualizade unha itinerancia polas sedes xubilares do Ano da Misericordia en Galicia.

A sede de Afundación en Ferrol a acolle a mostra ata o próximo domingo 19 de novembro, onde pode visitarse de luns a sábado de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas.

+info

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *