Acollida e Hospitalidade no Camiño de Santiago. Fotografías de Manuel G. Vicente

O exercicio da hospitalidade, a acollida ao peregrino, é un valor considerado dende hai séculos coma a pedra angular do Camiño de Santiago. Unha forma de espiritualidade poeticamente recollida nas fotografías que Manuel G. Vicente tomou ao longo do Camiño durante as últimas décadas, na ruta e nos seus albergues. Esta entrañable acollida fúndese coa vivencia do encontro, a solidariedade, a amizade e mais a comprensión mutua. A todo iso hai que engadir os valores paisaxísticos, a historia compartida e a cultura.

Espazo: Palacio Villalegre
Dirección: calle de Santa María del Buen Suceso. Guadix (Granada)

Datas: do 3 ao 30 de marzo de 2017
Horario da exposición: de luns a venres, de 09:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 h

Organiza: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo. Turismo de Galicia. Xunta de Galicia
Colaboran: Ayuntamiento de Guadix e Asociación Jacobea de Almería Camino Mozárabe.

+info

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *