Concerto de Yale Schola Cantorum (Santiago de Compostela)

Neste mes de xuño, Yale Schola Cantorum, o coro de cámara da universidade de Yale, EE. UU, está de xira por España, visitando as paradas principais do Camiño de Santiago e interpretando a música de Joby Talbot, Path of Miracles (O Camiño dos Milagres).

Concibida como unha peregrinación, Path of Miracles é unha viaxe, debido a que os títulos dos catro movementos ( Roncesvalles, Burgos, León, Santiago) son as catro paradas principais dunha das rutas máis arduas de peregrinación na tradición católica. Utiliza seccións dos textos medievais do Codex Calixtinus, Miragres de Santiago e a liturxia católica romana. Incorpora tamén os estilos musicais que abarcan desde a Bunun taiwanesa ata o himno dos peregrinos Dum Pater Familias, e está cantada en grego, latín, español, vasco, francés, inglés e alemán. Robert Dickinson é o libretista e a partitura está escrita a cappella. Escrito en 2005, Path of Miracles está dedicada á memoria do pai de Talbot, Vincent Talbot (1916-2005).

A Schola Cantorum é un coro de cámara que interpreta música sacra do século XVI ata a música contemporánea en concertos e servizos corais ao redor do mundo. Apoiado polo Instituto de Música Sacra de Yale, esta dirixida polo distinguido director David Hill e polo director principal convidado, Masaaki Suzuki. O coro ten un interese especial na práctica de interpretacións históricas, que a miúdo realizan xunto a instrumentistas da Facultade de Música de Yale e Juilliard. Fundado en 2003, A Schola Cantorum traballou con moitos directores recoñecidos, gravando varios discos e facendo xiras por todo o mundo.

A súa música está dispoñible en Soundcloud.

Lugar: Igrexa da Compañía
Dirección: Praza da Universidade. Santiago de Compostela

Data: 8 de xuño de 2018
Hora: 20h00

Entrada gratis e sen reserva.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *