Relator: Rvdo. D. Salvador Aguilar López
Día: 29 de decembro
Hora: 20:00
Lugar: Sede da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Sevilla (R/ Castela, 82, local)
Organiza: Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Sevilla
O termo mozárabe é usado moitas veces sen coñecer o seu contido concreto (e máis no seu entroncamento co mundo xacobeo), e se nos referimos á súa vertente litúrxica, viva e en continua evolución, esta falta de coñecemento e comprensión pode ser abismal. O relator afondará no misterio pascual baixo a forma do rito mozárabe e no seu significado, o que servirá de comprensión e preparación á participación eucarística daqueles que asistan o próximo 30 de decembro á conmemoración da Translación do Apóstolo Santiago na igrexa de Santiago o Maior. O padre Aguilar, malagueño formado en Toledo, especialmente nos ritos orientais e no mozárabe, é experto en liturxia e está destinado actualmente en Roma.