Cultura no Camiño 2017

GALICIA é terra de camiños e de cultura.

De Camiños que conducen polo magnífico patrimonio natural e arquitectónico das catro provincias, coas sendas  milenarias que conflúen en Compostela, meta da peregrinaxe xacobea, como un dos seus principais estandartes.

De Culturas vivas, diversas, actuais e propias, que agroman en cada recanto e que reflicten a nosa capacidade creativa e o noso bo facer nos distintos eidos do espectáculo.

O programa Cultura no Camiño —que tivo a súa primeira entrega en outubro de 2013— volve unir en 2017 estas dúas forzas, a da nosa xeografía coa da nosa arte, para amosar unha carteleira renovada, que se desenvolverá do 15 de abril ao 30 de setembro nas 98 localidades participantes, todas elas radicadas nas distintas rutas do Camiño de Santiago en Galicia.

Concertos de diversos estilos, así como funcións de teatro, danza, maxia e novo circo compoñen un intenso calendario cultural e de lecer, coordinado por Turismo de Galicia e pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria  a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) o co patrocinio de Gadis.

Lugar: Galicia

Datas: Do 15 de abril ao 30 de setembro de 2017

Organizan: Turismo de Galicia e Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

+info

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *