XXVIII Edición Cursos de Verán UNED 2017
Arte e lenda no Camiño de Santiago medieval
Directora: Inés Monteira Arias
Coordinadora: Marta Ferreira Rodriguez
Propón: Departamento de Historia da Arte
O achado do suposto corpo do apóstolo Santiago o Maior a inicios do século IX en Compostela desencadeou un dos fenómenos relixiosos, culturais e artísticos máis transcendentes do Occidente Medieval. O crecente culto a Santiago atraeu a un gran número de peregrinos ata crear un camiño de peregrinación que coñece o seu apoxeo entre os séculos XI e XIII. A lenda sitúa a chegada do corpo de Santiago a terras galegas por mar desde o porto de Jaffa precisamente a través da ría de Arousa e, por iso, o centro asociado de Pontevedra é o máis apropiado para abordar o culto a Santiago o Maior, a arte medieval e as lendas xurdidas en torno ao Camiño de Santiago.
Lugar: UNED. Pontevedra
Datas: do 12 ao 14 de xullo de 2017
Inscrición: a partir do 10 de maio de 2017
Organiza: UNED Pontevedra