Encontro de Itinerarios Culturais Europeos en Galicia

Con motivo da conmemoración do 30 aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo, celebrarase ao Encontro dos Itinerarios Culturais Europeos en Galicia, organizado por Turismo de Galicia o vindeiro 6 de novembro de 2017 ás 09:30h, no Centro Superior de Hostalería de Galicia, en Santiago de Compostela.

Os Itinerarios Culturais representan un modelo de xestión para poñer en práctica e fortalecer os valores fundamentais do Consello de Europa, preservar o patrimonio cultural e natural, a identidade e a diversidade; son unha base para o enriquecemento e o diálogo intercultural, e para o desenvolvemento económico a través de un turismo sostible.

Galicia participa activamente con itinerarios de características diferentes, o primeiro de todos eles o Camiño de Santiago que, xunto cos demais, desenvolve uns valores que favorecen a cooperación cultural, a valoración do patrimonio e o enriquecemento persoal.

Este ano 2017 foi declarado por Nación Unidas o Ano Internacional de Turismo Sustentable para o Desenvolvemento. O obxectivo desta declaración é a protección do medio ambiente para conseguir un desenvolvemento favorable.

O vindeiro ano 2018 foi designado como o Ano Europeo do Patrimonio Cultural, patrimonio que abarca dende os xacementos arqueolóxicos ata as tradicións folclóricas e as artes.

Este ano representará unha oportunidade para concienciar sobre a importancia económica e social do patrimonio cultural como identidade e memoria, intercambio, cohesión social e integración.

A organización desta xornada ten como finalidade impulsar a participación dos diferentes interesados e dar a coñecer o traballo dos Itinerarios Europeos en Galicia, intercambiar e desenvolver estratexias innovadoras en materia de turismo cultural.

Data: 6 de novembro de 2018

Hora: 09:30 a 14:30

Lugar: Centro Superior de Hostalaría de Galicia. Santiago de Compostela.

Formulario online de inscriciónhttps://goo.gl/wZ3avG

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *