Data: 28 e 29 de xaneiro de 2019
Lugar: Parroquia de San Miguel. Pamplona
Convoca: Fundación Acollida Cristiá no Camiño
Organiza: Delegación do Camiño de Santiago da Arquidiocese de Pamplona
Fomentar a acollida cristiá nos albergues do Camiño de Santiago é un dos obxectivos principais da fundación ACC. Por iso, anualmente se celebra un encontro cos responsables dos albergues adheridos a ACC e aberto a todos aqueloutros albergues que dalgunha forma desexen compartir as súas experiencias de acollida aos peregrinos.
Este ano celebrarase ese encontro en Pamplona, grazas á colaboración da Delegación do Camiño de Santiago da Arquidiocese de Pamplona. Concretamente os días 28 e 29 de xaneiro na Parroquia de San Miguel da capital navarra.
A programación deste encontro permitirá coñecer de maneira particular a experiencia da hospedaxe cristiá nalgúns puntos do Camiño. Pero reserva un importante tempo para que os responsables de albergues poidan compartir tamén a súa experiencia, polo que a participación e a presenza dos responsables de albergues dos distintos camiños será sumamente enriquecedoras.
Inscrición: 981 568 846 / info@acogidacristianaenelcamino.es