Exposición: DE MAR A MAR. O Camiño de Santiago en 3D (Braga)

A exposición 3D De Mar a Mar. O Camiño de Santiago en 3D é unha mostra de fotografía en tres dimensións, con pezas espectaculares e de grande formato, realizadas coa técnica estereográfica. Unha exposición que presenta imaxes dos camiños, patrimonio, paisaxes e peregrinos do Camiño Inglés, do Camiño de Fisterra e Muxía, do Camiño Portugués e do Camiño Portugués da Costa.

O título desta mostra, fai referencia a ese mar das rutas atlánticas co que principia a exposición, ao mar das costas lusitana e galega, tan ligado aos camiños portugueses de peregrinación a Santiago, para rematar, unha vez se chega a Compostela, no océano aberto da Costa da Morte, final físico e simbólico do camiño a Fisterra e Muxía.

Espazo: Sala de exposicións do Centro Interpretativo da Memórias da Misericordia de Braga
Dirección: Palacio do Raio. Rua do Raio, 400. Braga

Datas: do 30 de outubro ao 9 de decembro de 2018
Horario da exposición: martes a sábado de 10:00 a 13:00 e de 14:30 a 18:30 h

Organiza: Turismo de Galicia. Xunta de Galicia
Colabora: Santa Casa da Misericórdia de Braga

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *