Exposición: “DE MAR A MAR. O Camiño de Santiago en 3D” (Fisterra)

A exposición 3D De Mar a Mar. O Camiño de Santiago en 3D é unha mostra de fotografía en tres dimensións, con pezas espectaculares e de grande formato, realizadas coa técnica estereográfica. Unha exposición que presenta imaxes dos camiños, patrimonio, paisaxes e peregrinos do Camiño Inglés, do Camiño de Fisterra e Muxía, do Camiño Portugués e do Camiño Portugués da Costa.

O título desta mostra, fai referencia a ese mar das rutas atlánticas co que principia a exposición, ao mar das costas lusitana e galega, tan ligado aos camiños portugueses de peregrinación a Santiago, para rematar, unha vez se chega a Compostela, no océano aberto da Costa da Morte, final físico e simbólico do camiño a Fisterra e Muxía.

Espazo: Lonxa de Fisterra
Dirección: Rúa Fonte Vella 11. Fisterra. A Coruña

Datas: Do 5 ao 22 de decembro do 2017
Horario da exposición: de luns a venres de 16:30 a 19:00 horas

Organiza: Turismo de Galicia. Xunta de Galicia
Colabora: Confraría de Pescadores de Fisterra Nosa Señora das Areas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *