A exposición 3D De Mar a Mar. O Camiño de Santiago en 3D é unha mostra de fotografía en tres dimensións, con pezas espectaculares e de grande formato, realizadas coa técnica estereográfica. Unha exposición que presenta imaxes dos camiños, patrimonio, paisaxes e peregrinos do Camiño Inglés, do Camiño de Fisterra e Muxía, do Camiño Portugués e do Camiño Portugués da Costa.
O título desta mostra, fai referencia a ese mar das rutas atlánticas co que principia a exposición, ao mar das costas lusitana e galega, tan ligado aos camiños portugueses de peregrinación a Santiago, para rematar, unha vez se chega a Compostela, no océano aberto da Costa da Morte, final físico e simbólico do camiño a Fisterra e Muxía.
Espazo: Café Moderno Afundación
Dirección: Praza de San Xosé, 3. Pontevedra
Datas: Do 7 de maio ao 30 de xuño do 2018
Horario da exposición: De luns a venres: 17:30 a 20:30 h. Sábados: De 11:00 a 14:00 e de 17:30 a 20:30 h. Domingos e festivos: pechado
Organiza: Turismo de Galicia. Xunta de Galicia
Colabora: Afundación – Obra Social ABANCA.