Exposición: DE MAR A MAR. O Camiño de Santiago en 3D (Valença)

A exposición 3D De Mar a Mar. O Camiño de Santiago en 3D é unha mostra de fotografía en tres dimensións, con pezas espectaculares e de grande formato, realizadas coa técnica estereográfica. Unha exposición que presenta imaxes dos camiños, patrimonio, paisaxes e peregrinos do Camiño Inglés, do Camiño de Fisterra e Muxía, do Camiño Portugués e do Camiño Portugués da Costa.

O título desta mostra, fai referencia a ese mar das rutas atlánticas co que principia a exposición, ao mar das costas lusitana e galega, tan ligado aos camiños portugueses de peregrinación a Santiago, para rematar, unha vez se chega a Compostela, no océano aberto da Costa da Morte, final físico e simbólico do camiño a Fisterra e Muxía.

Espazo: Arquivo Municipal
Dirección: Rua Mouzinho de Albuquerque. 4930-745 Valença

Datas: do 12 ao 31 de decembro de 2018
Horario da exposición: Luns a venres de 09:00 a 12:30 e de 13:30 a 17:00 h

Organiza: Turismo de Galicia. Xunta de Galicia
Colabora: Câmara Municipal de Valença

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *