Exposición: DE MAR A MAR. O Camiño de Santiago en 3D. Vía da Prata 🗓 🗺

De Mar a Mar. O Camiño de Santiago en 3D. Vía da Prata é unha mostra de fotografías en tres dimensións, con pezas espectaculares e de gran formato, realizadas coa técnica estereográfica onde se presentan imaxes do patrimonio, paisaxes e peregrinos que percorren este camiño de peregrinación.

O título da mostra fai referencia a unha frase recollida no libro IV do Códice Calixtino no que se narra a aparición do Apóstolo Santiago ao emperador Carlomagno onde lle pide que o seu exército combata ás xentes pagás, libere o seu camiño e visite a súa basílica e sartego profetizando…”e despois de ti irán alí peregrinando todos os pobos, de mar a mar…”.

Espazo: Centro Cultural Marcos Valcárcel
Dirección: Rúa Progreso, 30. Ourense

Datas: Do 7 de novembro ao 8 de decembro

Apertura ao público: 7 de novembro

Horario: Luns a venres de 11:00 a 14:00h e de 17:00 a 21:00
Sábados, domingos e festivos de 11:00 a 14:00h

Organiza: Xacobeo 2021. Xunta de Galicia

Colaboran: Deputación de Ourense-Centro Cultural Marcos Valcárcel

from to
ical Google outlook Eventos
Centro Cultural Marcos Valcárcel Rúa Progreso, 30 32003 Ourense Map

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *