De Mar a Mar. O Camiño de Santiago en 3D. Vía da Prata é unha mostra de fotografías en tres dimensións, con pezas espectaculares e de gran formato, realizadas coa técnica estereográfica onde se presentan imaxes do patrimonio, paisaxes e peregrinos que percorren este camiño de peregrinación.
O título da mostra fai referencia a unha frase recollida no libro IV do Códice Calixtino no que se narra a aparición do Apóstolo Santiago ao emperador Carlomagno onde lle pide que o seu exército combata ás xentes pagás, libere o seu camiño e visite a súa basílica e sartego profetizando…”e despois de ti irán alí peregrinando todos os pobos, de mar a mar…”.
Espazo: Sala Paúl. Espacio Joven
Calle Santo Domingo
11402 Jerez de la Frontera
Datas: Do 12 de setembro ao 4 de outubro
Inauguración: 12 de setembro ás 12:00h
Horario: Luns a venres de 10:00 a 13:30h e de 17:00 a 20:00h
Colaboran: Delegación de Juventud del Ayuntamiento de Jerez de la Frontera
Asociación Jacobea de Jerez de la Frontera ‘sherish’