Exposición: DE MAR A MAR. O Camiño de Santiago en 3D

A exposición 3D De Mar a Mar. O Camiño de Santiago en 3D é unha mostra de fotografía en tres dimensións, con pezas espectaculares e de grande formato, realizadas coa técnica estereográfica. Unha exposición que presenta imaxes dos camiños, patrimonio, paisaxes e peregrinos do Camiño Inglés, do Camiño de Fisterra e Muxía, do Camiño Portugués e do Camiño Portugués da Costa.

O título desta mostra, fai referencia a ese mar das rutas atlánticas co que principia a exposición, ao mar das costas lusitana e galega, tan ligado aos camiños portugueses de peregrinación a Santiago, para rematar, unha vez se chega a Compostela, no océano aberto da Costa da Morte, final físico e simbólico do camiño a Fisterra e Muxía.

Espazo: Sala Gótica dos Paços do Concelho
Dirección: Largo do Municipio. Barcelos (Portugal)

Datas: do 25 de xullo ao 20 de agosto de 2019
Horario da exposición: Luns a venres de 9:30 a 12:30 e de 14:00 a 17:00 h. Sábado e domingo: de 10:00 a 12:00 e de 14:00 a 17:00 h.

Organiza: Xacobeo 2021. Xunta de Galicia
Colaboran: Associação ACB. Albergue Cidade de Barcelos e Câmara Municipal de Barcelos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *