Autores: Joaquím Formoso e Irma Loureiro
Espazo: Salón de Ámbito Cultural. Centro Comercial Compostela. Santiago
Datas: do 1 ao 31 de marzo de 2018
Organiza: El Corte Inglés
Estes artistas autodidactas mostran a súa peculiar visión do Camiño de Santiago a través dunha trintena de óleos.
O Salón de Ámbito Cultural de El Corte Inglés (planta baixa), acolle durante todo o mes de marzo en horario comercial, de 10 a 22 horas, a exposición de óleos da mindoniense Irma Loureiro e o compostelán Joaquín Formoso, na que trasladan aos visitantes a súa peculiar visión dos Camiños do Norte e Fisterra e Muxía.
Son un total de 34 os óleos que compoñen esta exposición dividida en tres espazos nos que se retratan os principais puntos de interese dos itinerarios xacobeos. A primeira das seccións expón as distintas etapas do Camiño do Norte ao seu paso por Galicia, destacando localidades como Ribadeo, Lourenzá, Mondoñedo, Abadín, Vilalba, Sobrado dos Monxes e Arzúa.
A continuación, e nun destacado espazo central, móstranse diversos aspectos da capital galega. Presidindo o conxunto de óleos atópase unha interpretación da catedral de Santiago.
Completa a mostra o percorrido polo Camiño Fisterra e Muxía a través dunha decena de lenzos. Neste caso, destácanse localidades como Negreira, Cee, Fisterra ou Muxía.
Tras protagonizar as súas exposicións individuais, ambos os artistas autodidactas unen o seu talento para crear esta mostra sobre dúas das rutas xacobeas ao seu paso pola comunidade galega.
Fonte: El Corte Inglés.