Exposición “Kumano Kodo. Camiño de peregrinación”

Turismo de Galicia inaugura en Padrón esta mostra composta por fotografías do Camiño Kumano, unha das peregrinacións mais importantes que teñen lugar en Xapón e que xunto co Camiño de Santiago, supoñen os dous únicos camiños de peregrinación do mundo catalogados pola UNESCO, en 2004, como Bens Patrimonio da Humanidade. Ámbolos dous camiños están irmanados dende o verán de 1998.

A exposición inaugurouse en 2009 na prefectura de Wakayama, con itinerancias en Tanabe, meta da ruta, e en Tokyo; posteriormente, en Santiago de Compostela e París.

Na cultura nipona, Kumano é unha terra sacra á que se chega tras atravesar cadeas de escarpadas montañas como a de Kii e nas que, segundo a tradición, podíanse atopar os espíritus dos mortos.

As singulares paraxes naturais que compoñen o camiño Kumano de peregrinación están salpicados de templos sintoístas e budistas e contan cun rico patrimonio artístico.

Xeográficamente, Galicia está no confín do mundo occidental e Wakayama está ao final do mundo oriental. Con todo, a relación entre elas traspasa a fronteira das diferencias entre relixións e culturas e o público pode sentir os latexos dos peregrinos que transitan pola camino. A peregrinación une, e fainos ser conscientes de como vivir a vida. A través da peregrinación débese mostrar respecto cara a natureza, alegría e agradecemento pola nosa existencia.

A obra de Luis Alonso Ocaña, contou coa axuda do municipio de Tosukawa e da prefectura de Nara, onde o Camiño de Kumano conserva viva unha tradición milenaria.

Luis Alonso Ocaña, natural de Vigo e falecido no 2010, forxou a súa actividade profesional ao longo de vintecinco anos en diversas ramas do campo audiovisual e completou a súa formación na Advertising Photography de Madrid no 1983.

Na súa traxetoria artística combinou fotografía, deseño gráfico, animación en 3D e a produción executiva de proxectos audiovisuais e os seus cadros foron distribuidos en trinta países ao redor do mundo.

Dende 1983 a 1986 foi comisionado polo INCAFO (Instituto da Caza Fotográfica e Natureza) e a UNESCO encargoulle varios traballos sobre Patrimonio Mundial, en Francia, Canadá e USA.

Lugar: Fundación Pública Galega Camino José Cela. FPGCJC
Enderezo: Santa María, 22. Iria Flavia. Padrón (A Coruña)

Data: Do 1 de febreiro ao 15 de abril de 2020
Horario de visitas: de 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 19:00 horas de martes a sábados.

Organiza: Turismo de Galicia, Xacobeo 2021
Colabora: Fundación PG Camilo José Cela

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *