Exposición: Kumano Kodo. Unha peregrinación a través do tempo 🗓

Fotografías de Luis Gago e Aoife Ni Dhubhda

Ocupando a península de Kii, ao sur de Kioto, emperadores, cortesáns, samurais, ascetas e ultimamente peregrinos de todo o mundo, levan percorrendo esta ruta desde fai máis dun milenio.

Galicia e Wakayama están unidas por un acordo de irmandamento desde o ano 1998. Ambas as rexións comparten a honra de contar coas rutas de peregrinación máis antigas do mundo declaradas Patrimonio Mundial pola UNESCO, que ademais están a experimentar un crecente interese turístico ano tras ano.

A mostra está composta por 37 fotografías en cor e branco e negro froito das dúas viaxes que os fotógrafos, Luís Gago e Aoife Nin Dhubhda, fixeron á prefectura de Wakayama en Xapón no outono de 2017 e primavera de 2018 para percorrer a rede de camiños coñecida como Kumano Kodo.

A presente exposición fotográfica pretender achegar a beleza das terras e xentes do Kumano Kodo á cidadanía galega e a todos aqueles que visiten o Museo das Peregrinacións, a fin de entender mellor unha cultura afastada no mapa, pero próxima en canto á defensa das súas tradicións e desafíos futuros.

Lugar: Museo das Peregrinacións e de Santiago
Dirección: Praza das Praterías. Santiago de Compostela

Data: do 24 de xaneiro ao 30 de abril de 2019
Horario: Martes a venres, de 09:30 a 20:30 h. Sábados, de 11:00 a 19:30 h. Domingos e festivos, de 10:15 a 14:45 h

Organiza: Museo das Peregrinacións e de Santiago

from to
Eventos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *