Exposición: Memoria de Peregrinación. Camiño de Santiago, Primeiro Itinerario Cultural Europeo (Granada)

O Camiño de Santiago, Primeiro Itinerario Cultural de Europa, é unha das grandes riquezas comúns a tódolos europeos. Patrimonio cultural e moral de Occidente e de toda a Humanidade, esta ruta milenaria foi transitada por millóns de persoas dende a Idade Media ata a actualidade.

A exposición audiovisual Memoria de Peregrinación é froito da recente viaxe do fotógrafo Manuel Valcárcel e do músico Alexandro González, ambos galegos, a través dunhas rutas xacobeas de dilatada historia e tradición. É unha viaxe contemporánea realizada co propósito de somerxerse, cos cinco sentidos alerta, na intimidade duns lugares históricos que forman parte substancial da memoria cultural de toda a Humanidade.

A mostra é reflexo dunha viaxe intensa e moi vivida a través de Hungría, Austria, a República Checa, Eslovenia, Italia, o norte de España e a Galicia xacobea. Unha peregrinación moi particular na que ámbolos dous artistas móstranse atentos á tradición  cultural e á sensibilidade relixiosa que impregnan os lugares e os camiños, destacando realidades ás veces silenciadas, denunciando co seu enfoque situacións e circunstancias que afectan ás poboacións próximas ós itinerarios de peregrinación, ou a modestia de vida de pobos e cidades da ruta.

Memoria de Peregrinación é, en suma, unha exposición que amosa a pluralidade e riqueza dunha Europa vertebrada polos itinerarios a Santiago de Compostela e que, sen dúbida, non deixará indiferente a ninguén.

Lugar: Sala de Exposicións do Patronotato Provincial de Turismo de Granada
Dirección: Cárcel Baja, nº 3. Granada

Data: do 2 o 29 de xuño de 2017
Horario: luns a venres de 10:00 a 20:00 h. Sábados: de 10:00 a 19:00 h e de 18:30 a 20:30 h. Domingos e festivos: de 10:00 a 15:00 h

Organiza: S.A de Xestión do Plan Xacobeo. Turismo de Galicia. Xunta de Galicia
Colabora:  Asociación Jacobea de Almería Camino Mozárabe e Patronato Provincial de Turismo de Granada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *