Exposición: O Camiño de Santiago Debuxado. Acuarelas de Joaquín González Dorao 🗓

O ilustrador gaditano Joaquín González Dorao, inspirándose no libro V do Códice Calixtino –considerada a primeira guía do Camiño de Santiago -, colleu a súa mochila, meteu todo o preciso para facer o Camiño e, ademais, un caderno, acuarelas, lápiz…, para comenzar, como un peregrino máis, o Camiño Francés dende Roncesvalles a Santiago.

Esta ruta milenaria de peregrinación que é o Camiño de Santiago, foi galardonado no ano 1987 por o Consejo de Europa coa distinción de Primeiro Itienerario Cultural Europeo, e en 1993, a UNESCO concédelle a distinción de Patrimonio da Humanidade.

O reto de Dorao foi crear un libro que recollese a vivencia dun peregrino do século XXI; en cada etapa tivo que cumprir cos quilómetros estipulados e tamén retratar e describir a través de debuxos o que atopaba e experimentaba. Así, nesta mostra dunha escolma das etapas do seu Camiño, podemos ver a arte de cada lugar, a natureza como unha constante, os momentos de soidade, as paradas para descansar, a dor física, o día a día compartido con outros peregrinos, o obxectivo diario de ir deixando quilómetros atrás, e así ata chegar a cidade ansiada: Santiago de Compostela.

Lugar: Recinto feiral de A Estrada. Feira do Moble
Datas: do 18 ao 22 de setembro
Organiza: Xacobeo 2021.Turismo de Galicia. Xunta de Galicia
Colabora: Fundación Exposicións e Congresos de A Estrada

from to
Eventos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *