Exposición: O Camiño de Santiago debuxado. Por Joaquín González Dorao

O ilustrador gaditano Joaquín González Dorao, inspirándose no libro V do Códice Calixtino –considerada a primeira guía do Camiño de Santiago-, colleua súa mochila, meteu todo o preciso para facer o Camiño e, ademais, un caderno, acuarelas, lapis…, para comezar, como un peregrino máis, o Camiño Francés dende Roncesvalles a Santiago, declarado Patrimonio da Humanidade hai 25 ano.

O seu reto era crear un libro que recollese a vivencia dun peregrino do século XXI; en cada xornada tivo que cumprir con quilómetros estipulados e tamén retratar e describir a través de debuxos o que atopaba e experimentaba. Así, nesta mostra dunha escolma das etapas do seu Camiño, podemos ver a arte de cada lugar, a natureza como unha constante, os momentos da soidade, as paradas para descansar, a dor física, o día a día compartido con outros peregrinos, o obxectivo diario de ir deixando quilómetros atrás, e así chegar á cidade ansiada: Santiago de Compostela.

Lugar: Museo das Peregrinacións e de Santiago

Dirección: Praza das Praterías. Santiago de Compostela

Data: do 4 de outubro de 2018 ao 27 de xaneiro de 2019

Horario: de martes a venres, de 9:30 a 20:30 h. Sábado de 11:00 a 19:30 h. Domingos e festivos: de 10:15 a 14:45 h. Luns pechado

Organiza: Xacobeo 2021. Xunta de Galicia

ColaboraMuseo das Peregrinacións e de Santiago

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *