Exposición: O Camiño de Santiago e o Jeju Olle Trail en Corea do Sur

A extraordinaria beleza da pequena illa volcánica de Jeju faina merecedora de tres galardóns por parte da UNESCO: Patrimonio Natural da Humanidade, Xeoparque Global e Reserva da Biosfera. É ademais, desde 2011, unha do novas sete marabillas naturais do mundo.

Turismo de Galicia, a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, participou no ano 2016 na VII edición de Jeju Olle Walking Festival co envío da exposición O Camiño de Santiago. Unha experiencia de peregrinación. Víveo.

Este festival consiste na realización de dúas das 21 rutas que percorren a illa e que ofrecen unha oportunidade única de mergullarse nas súas belezas, coñecendo os seus pequenos volcáns inactivos, as súas fervenzas e a súa espectacular natureza. Á inauguración acudiron os alcaldes das dúas provincias nas que se divide a illa, Jeju City e Seowipo, así como tamén os representantes dos camiños naturais cos que Jeju ten acordo de amizade:

  • The Bruce Trail (Canadá)
  • Costwold Way (Reino Unido)
  • Leman Lake Wine Route (Suíza)
  • Zermatt 5 Lake Trail (Suíza)
  • Mountain Trail (Líbano)
  • Shikoku Ohenro (Xapón)
  • Bibbulmun Track (Australia)
  • Camiño de Santiago, Galicia. (España)

Con motivo do devandito acordo preséntase agora esta exposición en España. Posteriormente itinerará a cada un dos demais países subscritores para dar a coñecer os seus camiños naturais.

Lugar: Casa da Torre. Albergue de Peregrinos de Redondela (Pontevedra)

Datas: do 8 ao 14 de novembro de 2017
Horario de visitas: todos os días de 13:00 a 22:00 horas

Organiza: Fundación Jeju Ollé. Jeju. Corea do Sur
Colabora: Turismo de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *