Exposición: O Camiño de Santiago. Unha Experiencia Contemporánea de Peregrinación 🗓

A exposición O Camiño de Santiago. Unha experiencia contemporánea de peregrinación é unha nova expresión da creatividade contemporánea vinculada á cultura xacobea. Este magnífico proxecto, que se inaugurou en 2018 en EE. UU, viaxou neste ano a Lorient, Francia, e iniciou en Wroclaw a súa andaina por varias sedes de Polonia. Nesta ocasión, será o Instituto Cervantes de Cracovia onde se terá a oportunidade dun achegamento á tradición xacobea e ao Camiño de Santiago a través das impactantes imaxes dun audiovisual realizado por Manuel Valcárcel.

Esta exposición inscríbese no marco da presentación en Cracovia do programa Xacobeo 2021 e o mesmo día da inauguración desenvolverase un ciclo de conferencias impartidas por Franciszek Mróz. Pedagogical University of Kraków, Instytut Geografii, Faculty Member, titulada Peregrinacións de polacos a Santiago de CompostelaPasado e presente, e de Francisco Singul, historiador e Xefe de Área de Cultura Xacobea do Xacobeo-Xunta de Galicia, co título de Camiño de Santiago. Cosmovisión e cultura.

A experiencia da peregrinación a Compostela propicia na actualidade un encontro do peregrino consigo mesmo, pero tamén cos outros peregrinos, compañeiros de roteiro, coa poboación local e co marco espectacular dun Camiño universal e aberto que sempre foi entendido como un espazo sacro. Ao final desta aventura física e espiritual, o encontro coa cidade de Santiago e a súa catedral concrétase na íntima visita á Tumba do apóstolo Santiago o Maior e co abrazo á imaxe do altar maior. A suxerencia do complemento do Camiño ata o Finisterrae europeo (cabo Fisterra) é fundamental para comprender a mentalidade medieval dos peregrinos, un lugar de gran significado ao que se adoita acudir tras completar a experiencia do Camiño no santuario compostelán.

Lugar: Instituto Cervantes de Cracovia
Dirección: ul. Kanonicza, 12. Cracovia. Polonia
Data: do 29 de outubro ao 20 de novembro de 2019
Horario de visitas: luns a xoves de 9:00 a 19:30 e venres de 9:00 a 15:00 h.
Organiza: Xacobeo 2021. Consellería de Cultura e Turismo. Xunta de Galicia
Colabora: Instituto Cervantes de Cracovia. Embaixada de España en Varsovia

from to
ical Google outlook Eventos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *