A mostra itinerante que conmemora o 25 aniversario da inclusión do Camiño Francés na Lista Indicativa do Patrimonio Mundial da Unesco, organizada pola Consellería de Cultura e Turismo, chega a Palas de Rei (Lugo), tras o seu paso por Portomarín, Lugo e Sarria. Trátase dunha mostra fotográfica que realiza unha retrospectiva sobre este fito que, no contexto do Xacobeo 93, supuxo un punto de inflexión na peregrinación a Compostela.
A mostra púidose contemplar por primeira vez no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), en Santiago de Compostela, o pasado mes de decembro, coincidindo co acto conmemorativo deste aniversario.
Lugar: Sala de Exposicións do Centro Comarcal
Dirección: Avda. de Compostela, 55. Palas de Rei (Lugo)
Data: do 15 de febreiro ao 1 de marzo de 2019
Organiza: Consellería de Cultura e Turismo
Colabora: Concello de Palas de Rei