Exposición: Xacobeo. Cando todos os camiños conducen a Galicia (Sarria) 🗓

A mostra itinerante que conmemora o 25 aniversario da inclusión do Camiño Francés na Lista Indicativa do Patrimonio Mundial da Unesco, organizada pola Consellería de Cultura e Turismo, exponse en Sarria (Lugo), tras o seu paso por Portomarín e Lugo. Trátase dunha mostra fotográfica que realiza unha retrospectiva sobre este fito que, no contexto do Xacobeo 93, supuxo un punto de inflexión na peregrinación a Compostela.

A mostra púidose contemplar por primeira vez no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), en Santiago de Compostela, o pasado mes de decembro, coincidindo co acto conmemorativo deste aniversario.

Lugar: Sala de Exposicións do Antigo Cárcere Comarcal

Dirección: rúa da Madalena, 8. Sarria (Lugo)

Data: do 1 ao 14 febreiro de 2019

Organiza: Consellería de Cultura e Turismo

Colabora: Concello de Sarria

from to
Eventos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *