Festival Compostela 2017 (Bruxelas)

Despois do éxito da primeira edición, que reuniu a máis de 5.000 persoas e máis de 300 artistas folclóricos, a ASBL Centro Galego de Bruxelas, para celebrar os 20 anos da sala La Tentation, organiza a segunda edición do Festival Compostela, que terá lugar os días 3 e 4 de xuño de 2007.

O Festival Compostela, que é completamente gratuíto e pon en valor a música tradicional e a diversidade cultural do Camiño de Santiago, recoñecido como Primeiro Itinerario Cultural Europeo pola UNESCO, proponlle ao público unha programación diversa: desfile de grupos tradicionais no centro histórico de Bruxelas, casetas gastronómicas, artesanía e actividades para os nenos na Praza de Béguinage, concertos de músicas do mundo, conferencias, reencontros de peregrinos e unha exposición.

O sábado 3 de xuño haberá un desfile folclórico na zona vella da cidade; unha exposición sobre a emigración galega nos anos 20; e o historiador Roel Jacobs ofrecerá a conferencia “Le Béguinage et Compostelle”. En La Tentation terán lugar os concertos dos artistas invitados Iñaki Plaza & Band (Euskadi), Tejedor (Asturias) e Susana Seivane (Galicia).

O domingo 4 de xuño haberá unha edición especial dedicada a Galicia co proxecto “Sunday Family Brunch” do grupo Pesdelán (Galicia) e unha festa do baile “Domingo Latino” coas Mambo Sins (Galicia) e a Banda Bruselas (Bélxica).

Lugar: la Tentation. Bruxelas

Dirección: Rue de Laeken 28, 1000 Bruxelles (Bélxica)

Web: www.latentation.be – Mail : info@latentation.be

Datas: 3 e 4 de xuño de 2017

Organiza: ASBL Centro Galego de Bruxelas

+info

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *