FESTIVAL COMPOSTELA 2018 (Bruxelas)

O sábado 02 de xuño 2018, o Centro Galego de Bruxelas asbl – La Tentation, organiza a terceira edición do Festival Compostela. Varias actividades previstas nun só día, na Place du Béguinage e en La Tentation.

O Festival Compostela é un festival gratuíto que promove o Camiño de Santiago en Bruxelas a través da cultura, a gastronomía éo folclore, favorecendo o encontro entre as tradicións españolas e belgas no centro de Bruxelas.

Este Festival promove a música tradicional e a diversidade cultural do Camiño de Santiago, recoñecido como o Primeiro Itinerario Cultural Europeo pola UNESCO, propoñendo un programa diverso: procesión e desfile de grupos tradicionais, casetas gastronómicas, actividades para nenos, conferencia histórica e concertos de música tradicional, na Place du Béguinage e na Tentation.

PROGRAMA

Quartier Saint-Jacques
10:30 Misa e bendición dos peregrinos na Igrexa ND Bon Secours
11:30 Procesión de Santiago e desfile folclórico dende a Igrexa ND Bon Secours, ata a Igrexa da ND
de la Chapelle, pasando pola Gran-Place, Manneken Pis, ata a Place du Beguinage

Place du Béguinage
12:00 Casetas de gastronomía e información turística
14:00 Actuacións folclóricas
15:00 Conferencia histórica con Roel Jacobs « Les liens historiques (méconnus) entre Bruxelles et
Anvers : Deux villes sur un même chemin à Santiago de Compostela »

La Tentation
20:00 Carles Belda e Joan Garriga (CAT)
21:00 Iniciación de danzas tradicionais con Frisse Folk
22:00 Elanor (BE)
23:30 Radio Cos (GA)
01:00 Queimada & Foliada

INFORMACIÓNS PRÁCTICAS:
ENTRADA LIBRE
WEB: www.festivalcompostela.be

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *