Festival do Patrimonio Inmaterial do Camiño Portugués da Costa 🗓

Folclore no Camiño é unha Iniciativa da Asociación Cultural Interfolc, que conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través de O teu Xacobeo e coa colaboración dos concellos de A Guarda, O Rosal, Baiona, Oia e Redondela. Nace coa idea de divulgar polos municipios que atravesa o Camiño Portugués da Costa as danzas, músicas, cancións e vestiarios relacionados co folclore.

O Festival, arranca no Auditorio San Bieito na Guarda, despois chegará ao Auditorio V Centenario de Baiona o 6 de outubro ás 18.00 horas; visitará a Praza do Calvario de O Rosal o día 13; e chegará o día 19 ás 17.00 horas á Praza Centinela de Oia para culminar o Camiño Portugués da Costa en Redondela o 20 de outubro na Casa da Torre ás 18.00 horas.

from to
Eventos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *