Foros #aculturasegue. Reflexións sobre a cultura na era post-COVID19

Retos nos contidos dixitais da cultura

O 15 de maio terá lugar o primeiro dunha serie de encontros online con especialistas de distintos campos das industrias culturais e creativas, os Foros #aculturasegue convidan ao debate e á análise dos retos aos que se enfronta o sector cultural na era post COVID-19. A actividade constará dun total de oito sesións en formato videoconferencia, que poderán seguirse de balde previo rexistro. Abordarán temas como os desafíos que se abren ante os sectores da música, das artes escénicas ou do libro no contexto actual marcado pola crise sanitaria, pero tamén cuestións como novos formatos e mercados, novas fórmulas de xestión de dispositivos culturais ou o novo perfil de consumidor de eventos culturais.

Na primeira sesión dos Foros #aculturasegue abordaremos os desafíos e oportunidades que as novas plataformas e ferramentas tecnolóxicas presentan aos profesionais e institucións culturais no contexto actual. Para tratar estes temas contaremos coa participación da responsable de programas virtuais do Museo Reina Sofía, Olga Sevillano Pintado, e do comisario de exposicións e coordinador de proxectos dixitais do Consello da Cultura Galega, Manuel Gago Mariño, nunha conversa conducida pola comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira Marimón.

Data: 15 de maio de 2020

Hora: 18:00

Organiza: Xunta de Galicia | Xacobeo 2021 | Cidade da Cultura

Info práctica

A sesión poderá seguirse a través da plataforma institucional para videoconferencias da Xunta de Galicia, Cisco Webex. Para sumarte ao encontro inscríbete, de xeito gratuíto, premendo aquí. Unha vez feito o rexistro recibirás unha clave para conectarte ao foro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *