A Asociación Amigos del Camino de Santiago en Ávila, no seu afán por promover e revitalizar o Camiño de Santiago e en particular o denominado Camiño do Sueste ou de Levante, convocou o I CONCURSO INTERNACIONAL DE CONTOS INFANTÍS SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO, a través do cal se pretende fomentar o interese por este entre os máis pequenos e presentarlles, á vez, os valores que o Camiño leva intrínsecos de amizade, compañeirismo, axuda, esforzo, etc.
BASES:
1) Poderán participar todas as persoas maiores de 18 anos, calquera que sexa a súa nacionalidade, cun conto, en cuxa temática se reflictan os valores que leva implícitos o Camiño de Santiago, tales como: a espiritualidade, fraternidade, solidariedade, hospitalidade, coñecemento, respecto e liberdade.
2) Os traballos presentaranse en idioma castelán, han ser orixinais e non poderán ter sido premiados noutros concursos. A extensión máxima será de 3 follas DIN A4.
3) Os concursantes presentarán, nun sobre único, tres copias do conto escritas a máquina ou computador, en corpo 12, a dobre espazo, por unha soa cara, en papel tamaño A4 e sen a firma ou nome do autor/a. Os traballos deberán levar en cada páxina o título do conto e o pseudónimo que decida utilizar o autor/a. Dentro do primeiro incluirase un segundo sobre (plica), pechado, contendo os datos especificados no punto 4. No exterior deste segundo sobre (plica) só constarán o título do conto presentado e o pseudónimo. Non se admitirán envíos por distintos medios que o do correo postal.
4) Dentro da plica incluirase, obrigatoriamente, o seguinte:
-
Datos do autor/a (nome e apelidos, idade, número do documento de identidade, enderezo, teléfono, correo electrónico).
-
Declaración asinada de que a obra é inédita, non foi premiada noutro concurso e os seus dereitos non foron cedidos a ningún editor no mundo.
-
Autorización asinada onde se lle permita á Asociación de Amigos do Camiño en Ávila a publicación do conto, no caso de que así o decida, en calquera soporte dixital ou impreso (sempre se fará indicando a súa autoría).
5) O enderezo a onde enviar as obras é:
Asociación Amigos del Camino de Santiago en Ávila
I Concurso Internacional de Cuentos sobre el Camino de Santiago
C/Gabriel y Galán nº 5 – 2º dereita.
05001 ÁVILA
6) A presente convocatoria estará vixente desde o momento da súa publicación ata o 15 de xuño de 2017. Admitiranse obras con data do cuño postal igual ou anterior á data de peche. Despois da data de peche non se aceptará ningún traballo.
7) O xurado será nomeado pola entidade convocante e estará composto por persoas vinculadas co mundo das letras e a cultura.
8) A decisión do xurado farase público o día 30 de xuño de 2017. Será inapelable e darase a coñecer mediante comunicación personalizada e prensa. A entrega de premios celebrarase o día 22 de xullo de 2017 (sábado máis próximo á festividade de Santiago Apóstolo), en acto público.
9) O premio poderá quedar deserto.
10) Establécense os seguintes premios:
Primeiro premio, dotado con 250 €
Segundo premio, dotado con 150 €
Terceiro premio, dotado con 100 €
11) Cada autor/a renunciará expresamente a calquera tipo de dereito patrimonial que se derive da difusión do seu traballo por parte da Asociación.
12) Non se manterá correspondencia acerca dos orixinais presentados e non serán devoltos; os non seleccionados serán destruídos unha vez outorgados os premios.
13) O feito de presentar traballos neste concurso supón a total conformidade dos autores/as coas súas bases. A interpretación destas, ou de calquera aspecto non previsto nelas, corresponderalle ao xurado.
14) Todo traballo que non cumpra co disposto nestas bases quedará excluído do concurso.