I Xornadas Xacobeas “Facendo Camiño” (Tordesillas)

Con motivo do seu décimo aniversario, a Asociación del Camino de Santiago del Sudeste en Valladolid, ACASSE – VA, organiza unhas xornadas xacobeas baixo o título Facendo Camiño, que terán lugar no Salón de Actos das Casas del Tratado de Tordesillas, os días 18, 19 e 20 de maio.

Para esta primeira edición organizáronse dous relatorios nos que intervirán expertos e coñecedores do Camiño de Santiago, entre eles Manuel Rodríguez, de Asociacionismo e Investigación da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, da Xunta de Galicia, e o xornalista Javier Pérez Andrés, así como diferentes membros de asociacións e hospitaleiros, coñecedores das múltiples circunstancias que xiran ao redor do Camiño de Santiago.

Os relatorios irán precedidos da inauguración dunha exposición gráfica, de carácter itinerante, que recolle en imaxes o realizado por ACASSE-VA ao longo dos seus 10 anos de andaina. Outras localidades incluídas na ruta do Camiño ao seu paso por Valladolid e que albergarán tamén a mostra son Medina del Campo, Vega de Valdetronco, Mota del Marqués e San Pedro de Latarce.

As xornadas xacobeas culminarán coa celebración dunha cea de gala o día 20, no Parador Nacional de Tordesillas, á que asistirán numerosos socios de ACASSE-VA e amigos do Camiño de Santiago.

Lugar: Casas del Tratado. Tordesillas (Valladolid)

Fecha: 18 y 19 de mayo de 2017

Organiza: ACASSE-VA – Asociación Camino de Santiago del Sureste en Valladolid

+info: accaseva@gmail.com

WEB

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *