I Simposio Internacional “Os Estudos Galegos Camiño do Xacobeo 21”

Este I SIMPOSIO nace como un primeiro foro de debate internacional dende os Centros de Estudos Galegos (CEG) repartidos por universidades de todo o mundo. Os CEG e outras entidades que colaboran con eles funcionan como motores de difusión da lingua e a cultura propias de Galicia.

Neste evento queremos compartir experiencias para poder definir os eixes de actuación sobre o noso patrimonio cultural e lingüístico CAMIÑO DO XACOBEO 21.

Organización: Consellería de Cultura e Turismo a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Axencia de Turismo de Galicia e da Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo.

Obxectivos:
Establecer as liñas comúns de actuación cara a difusión do Xacobeo do ano 2021 e as accións que se realizarán durante o tempo que queda para a súa celebración. Tamén se pretende recoller as achegas que, dende a experiencia, os diversos CEG fan a respecto da promoción do Xacobeo en cada un dos países onde operan. Deste xeito, iniciamos así un proceso de creación de materiais específicos para cada un dos lugares de onde proveñen e que teñen como finalidade a promoción do Camiño de Santiago, o Xacobeo e Galicia. Por outra banda, designaranse como “Prescritores” os membros dos centros ou o seu persoal olaborador, se for o caso.
Finalmente, abriranse liñas de colaboración entre os CEG e as máis de 300 Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago para promover o noso patrimonio, a lingua, a literatura, a música e a historia de Galicia.

Destinatarias/os:
Persoal docente e investigador de diversas universidades dos Centros de Estudos Galegos, axentes culturais de turismo, membros das universidades e de institucións galegas, así como persoal da administración estreitamente relacionado coa rede de lectorados e coa planificación lingüística.

Datas: 14 e 15 de decembro de 2018
Duración: 16 horas
Lugar: Santiago de Compostela

PROGRAMA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *