IV Concurso de Relatos Curtos sobre o Camiño de Santiago

BASES:

.-  Poderá participar no concurso calquera persoa maior de 16 anos de calquera nacionalidade. Os traballos presentaranse en castelán, han ser orixinais e non poderán ter sido premiados noutros concursos. A extensión máxima de cada relato será de 3 follas DINA4 e deberá enviarse por triplicado. O tema do concurso versará sobre o Camiño de Santiago (vivencias, diario, historias, costumes, etc.). Cada participante poderá mandar unha ou dúas obras, sempre en envíos diferentes.

.-  Todos os traballos presentados levarán un título e un pseudónimo e acompañaranse dun sobre pechado en cuxo exterior figurará o título e pseudónimo; no interior aparecerán os datos persoais do autor, domicilio, teléfono e correo electrónico.

.-  Os traballos poderán enviarse entre o 15 de xullo e o 30 de setembro de 2017, por correo ou    axencia de transportes, ao seguinte enderezo: Concurso de Relatos. Asociación de Amigos del Camino de Santiago Mozárabe Sanabrés. Carretera Nacional 525, km 49, 49326 Rionegro del Puente, Zamora (España) Tamén se poden entregar persoalmente no albergue de peregrinos de Rionegro del Puente. Non se permite concursar por correo electrónico.

.- PREMIOS: Un xurado, nomeado pola Asociación de Amigos del Camino de Santiago Mozárabe   Sanabrés, valorará todos os traballos presentados e seleccionará os dous mellores relatos.
Primeiro premio: 200 euros, placa conmemorativa, diploma, lote de libros e agasallos.
Segundo premio: 100 euros, placa conmemorativa, diploma, lote de libros e agasallos.
Os  traballos premiados poderán ser editados conxuntamente pola organización para o fomento do Camiño de Santiago.

ENTREGA DE PREMIOS.  Celebrarase no albergue de peregrinos Virgen de la Carballeda, de Rionegro del Puente, o sábado 2 de decembro de 2017. Se algún dos premiados non puidese asistir faráselle chegar o premio.

.- O feito de presentarse a este concurso supón a aceptación das bases.

Todas as comunicacións coa organización serán por carta ou por correo electrónico. Non se admiten chamadas telefónicas.

Organiza: Asociación de Amigos del Camino de Santiago Mozárabe – Sanabrés

+Info

3 comentarios

  1. Hola, buenas noches,
    soy un peregrino que hizo el camino este verano e hice un relato que voy a mandar mañana 27 de septiembre por la mañaña, supongo que llegará ahí el 30 sin problema, pero quería hacer otro, la fecha tope es el 30 de septiembre para que llegue o lo pondría enviar por correo ese día y entraría en el concurso?
    Y otra cuestión, avisáis antes de la entrega de premios a los dos relatos finalistas? me refiero que en el caso de ser uno de los dos finalistas yo iría encantado, pero si no me coge algo lejos,
    muchas gracias y un saludo 😉

    p.d: muy buena iniciativa 🙂

  2. Se me olvidó comentaros que no puedo leer el relato ganador del año pasado porque al ampliar la imagen me distorsiona las letras, de hecho las bases las tuve que buscar en esta web, porque tanto en el facebook como en otras webs mediante la imagen no era capaz de leer las bases, que al estar en esta web ya las conseguí leer pero me gustaría leer el relato ganador del año pasado a ser posible
    un saludo y muchas gracias de nuevo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *