Mesa redonda “Reconstruír Europa a través do Camiño de Santiago” (Bruxelas)

Lugar: Instituto Cervantes Bruxelas
Dirección: Avenue Louise 140, 1050 Bruxelas
Data: 10 de maio de 2017
Hora: 18:30

Organizan: Instituto Cervantes de Bruxelas, Fundación Galicia Europa e S.A. de Xestión do Plan Xacobeo

Dicía Goethe que “Europa naceu peregrinando”. En efecto, a rede de rutas xacobeas foi desde a Idade Media unha das vías de comunicación e intercambio máis influente e recoñecida de Europa, converténdose nun ente difusor dos grandes movementos culturais que ían xurdindo no continente e propiciando o desenvolvemento das diferentes culturas que hoxe en día integran a identidade europea.

Esta identidade, baseada nas ideas de liberdade, xustiza e confianza no progreso, é froito da existencia dun espazo común europeo cruzado por camiños capaces de superar as distancias, as fronteiras e as incomprensións para servir de punto de encontro e intercambio a xente de diferentes orixes, nacionalidades e crenzas, outorgándolle ao Camiño un carácter altamente simbólico na construción europea.

Así o recoñecía o Consello de Europa en 1987 cando declarou a Ruta Xacobea como o primeiro Itinerario Cultural Europeo, ao ser o exemplo por excelencia de europeidade e de vía de difusión dos valores comúns. Cando se cumpren 30 anos desta declaración, o proxecto europeo enfróntase a unha das súas maiores crises existenciais que fan do Camiño un instrumento valioso para contribuír a reconstruír a identidade europea.
Durante esta mesa redonda, representantes de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago de distintos países europeos exporán a súa visión particular e debaterán sobre como a peregrinación a Santiago pode contribuír no contexto actual a reconstruír un proxecto común fundado na tolerancia, o respecto, a liberdade e a solidariedade.

PROGRAMA

18:30 h. Benvida a cargo de:
Felipe Santos Rodríguez, director do Instituto Cervantes en Bruxelas
Rafael Sánchez Bargiela, director xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo

18:45 h. Mesa redonda “Reconstruír Europa a través do Camiño de Santiago”
Pascal Duchene, presidente da Asociación Amigos de Santiago de Compostela Belga (Amis de Saint-Jacques de Compostelle)
Luc de Bolle, presidente da Asociación Flamenca de Amigos de Santiago (Vlaams Compostelagenootschap)
Monique Walrave, membro da dirección da Asociación holandesa de Amigos de Santiago (Nederlands Genootschap van Sint Jacob)
Begoña Valdomar Insua, vicepresidenta da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago (AGACS)

Moderación a cargo:
Xosé María Palmeiro, presidente da Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA)

19:45 h. Presentación do Festival Compostela (Bruxelas, 2, 3 y 4 de xuño de 2017)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *