O Camiño de Santiago. Unha visión desde Oriente. Fotografías de Tomohiro Muda (Ávila)

Tomohiro Muda é un fotógrafo xaponés que peregrinou dúas veces a Santiago de Compostela fotografando o Camiño e ofrecendo así a súa propia visión deste. Muda declárase amante do románico francés e sobre todo do español, de Santiago de Compostela e da peregrinación xacobea.

Naceu en 1956 na Prefectura de Nara, en Xapón, e en 1988 presentou a súa primeira exposición, “The land of Sherpa”, con fotografías realizadas no Himalaya.

Máis tarde viaxou por todo o mundo tomando imaxes de arte xaponesa, románica e bizantina, así como tamén de ruínas budistas e pintura rupestre chinesa, o Borobudur, Angkor e Ajanta. Estas reuníronse baixo o tema “Espazos de oración, formas de oración” en exposicións fotográficas e publicacións.

Lugar: Sala de Exposiciones. Auditorio Municipal San Francisco
Dirección: Plaza de San Francisco, s/n. Ávila

Datas: do 30 de marzo ao 15 de abril de 2017
Horario de visitas: De martes a venres de 19:00 a 21:00. Sábados de 12:00 a 14:00  e de 19:00 a 21:00. Domingos de 12:00 a 14:00. Luns pechado

Organiza: S.A de Xestión do Plan Xacobeo. Turismo de Galicia. Xunta de Galicia
Colaboran: Asociación de Amigos del Camino de Santiago en Ávila e Ayuntamiento de Ávila.

+info

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *