O Camiño de Santiago. Unha visión desde Oriente. Fotografías de Tomohiro Muda

Tomohiro Muda é un fotógrafo xaponés que peregrinou dúas veces a Santiago de Compostela fotografando o Camiño e ofrecendo así a súa propia visión deste. Muda declárase amante do románico francés e sobre todo do español, de Santiago de Compostela e da peregrinación xacobea.

Naceu en 1956 na Prefectura de Nara, en Xapón, e en 1988 presentou a súa primeira exposición, “The land of Sherpa”, con fotografías realizadas no Himalaya.

Máis tarde viaxou por todo o mundo tomando imaxes de arte xaponesa, románica e bizantina, así como tamén de ruínas budistas e pintura rupestre chinesa, o Borobudur, Angkor e Ajanta. Estas reuníronse baixo o tema “Espazos de oración, formas de oración” en exposicións fotográficas e publicacións.

Lugar: Sala de Exposicións da Casa da Cultura
Dirección: calle de las Eras, nº 33. Caudete (Albacete)

Datas: do 3 de marzo ao 25 de marzo de 2017
Horario de visitas: de luns a venres, de 18:00 a 21:00 horas. Sábados: de 11:00 a 13:00 horas

Organiza: S.A de Xestión do Plan Xacobeo. Turismo de Galicia. Xunta de Galicia
Colaboran: Ayuntamiento de Caudete e Asociación de Amigos del Camino de Santiago del Sudeste Caudete.

+info

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *