A Cidade da Cultura convida a participar o sábado 16 de marzo, ás 10.00 horas, na plantación das primeiras árbores do Bosque do Camiño, unha nova fraga que medrará no monte Gaiás onde peregrinos de todo o mundo poderán plantar unha árbore para deixar a súa pegada na paisaxe de Compostela.
Punto de encontro:
Acceso principal ao Bosque de Galicia. Rúa Diego Bernal. Santiago de Compostela
Prégase confirmación antes do 15 de marzo no teléfono 881 997 567 ou no enderezo electrónico confirmacions@cidadedacultura.org