Presentación do libro “El enigma compostelano”, de Alberto Solana

O xoves, 21 de setembro ás 18,00 h., presentarase no salón de actos do Museo das Peregrinacións e de Santiago, o libro El enigma compostelano, do experto xacobeo madrileño, médico e músico, Alberto Solana. Trátase dunha obra editada pola ‘Cofradía de Santiago de Madrid’ en colaboración coa S.A. de Xestión do Plan Xacobeo-Turismo de Galicia.

O acto, estará presido por Rafael Sánchez Bargiela, director xerente do Xacobeo e por Bieito Pérez Outeiriño, director do Museo das Peregrinacións de de Santiago. A presentación faraa o técnico do Xacobeo Manuel Rodríguez, e contará coa intervención do autor. Este desenvolverá unha breve conferencia sobre as teorías compendiadas no libro en torno á orixe das tradicións, sempre sometidas a debate, relativas á predicación, enterramento e descubrimento do sepulcro do apóstolo Santiago o Maior na actual cidade compostelá.

El enigma compostelano é a primeira publicación que abrengue e analiza ao detalle ao totalidade das teorías sobre a orixe das tradicións xacobeas. O autor, un destacado divulgador xacobeo a través de internet, ofrece tamén a súa propia hipótese de verosimilitude. A publicación remata cunha ampla bibliografía alusiva.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *