Presentación do libro “Letras para el Camino”

cartel-letras-para-el-caminoData: 21 de decembro de 2016
Hora: 19:00
Lugar: Aljibes árabes. Almería

Organizan: Letras de Esparto e Asociación Jacobea de Almería Camino Mozárabe

O próximo día 21 de decembro, ás 19:00 horas, nos Aljibes árabes de Almería, levarase a cabo a presentación da colección de poemas e relatos titulada Letras para el Camino, unha antoloxía inspirada nas vivencias do Camiño de Santiago e que, coma o propio Camiño, nace da concordia e fraternidade entre dúas asociacións provinciais, a Asociación Jacobea de Almería Camino Mozárabe e a Asociación Cultural e Literaria “Letras de Esparto”.

Esta Asociación Cultural e Literaria constituíuse o pasado verán co obxectivo de promover e difundir a cultura de Almería en todas as súas facetas.

Un dos seus primeiros proxectos foi crear a colección de antoloxías que denominaron “Libros para conocer el mundo”. Con elas pretendían conseguir dous obxectivos fundamentais; o primeiro, que fose un punto de encontro entre artistas de todas as especialidades; e o segundo, poder colaborar co mundo asociativo da provincia, achegándolle publicacións que poidan poñer á venda para financiar as súas actividades.
A primeira asociación elixida para comezar a colaboración foi a Asociación Jacobea de Almería Camino Mozárabe, debido ao extraordinario labor cultural, educativo e de irmandade entre pobos que está a realizar desde que decidiron rescatar o Camiño mozárabe que leva a Santiago de Compostela desde Almería.

Fonte: Letras de Esparto

Máis información: Letras de Esparto e Asociación Jacobea de Almería

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *