Proxección de “Walking the Camino: Six Ways to Santiago” (Tui)

Walking the Camino: Six Ways to Santiago é unha mirada introspectiva sobre o potencial humano e espiritual do Camiño de Santiago. A partir da experiencia de seis peregrinos de diferentes idades, nacionalidades e crenzas, o documental percorre a ruta do Camiño Francés, que une St. Jean Pied de Port con Santiago de Compostela. Ao longo de 800 quilómetros de viaxe, asistimos ao proceso interior dos peregrinos, poñendo especial atención ao Camiño que lles leva “cara a si mesmos”.

Un emocionante periplo no que os protagonistas non só deberán lidar coas bochas, o cansazo ou a soidade, senón afrontar os temas universais que tal reto físico propón nun sentido espiritual. Aínda que cada peregrino camiña por diferentes razóns e motivacións, cada un deles experimenta un triunfo persoal acerca das súas propias dúbidas e temores existenciais.

Posto que non hai unha maneira correcta de vivir a vida, tampouco a hai para facer o Camiño. Así pois, Walking the Camino: Six Ways to Santiago  fai fincapé na importancia de que cada persoa siga o seu propio camiño na vida, inspirando a facelo de todo corazón. Por iso, esta película trata sobre os Camiños e non sobre O Camiño.

Lydia B. Smith

Comezou a súa carreira en cinema e televisión hai máis de 29 anos, traballando para os departamentos de produción e cámara de películas (Ed Wood, Dangerous Minds, Matilda) e videoclips de alcance mundial, así como para cadeas de televisión internacionais (CNN e PBS). A por mor da súa primeira peregrinación a Santiago de Compostela en 2008, decidiu emprender un proxecto que plasmase, a través dos seus protagonistas, o gran potencial humano que hai no Camiño.

Dirección: Lydia B. Smith

Lugar: Ideas Peregrinas. Tui

Fecha: 1 de maio ás 20:00 h

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *