Seminario Internacional Camiño de Santiago e Europa

Santiago de Compostela, 23-25 de outubro de 2017

A Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións da Universidade de Santiago de Compostela (USC) organiza, en colaboración co Grupo Compostela de Universidades, o Seminario Internacional Camiño de Santiago e Europa, do 23 ao 25 de outubro. Este seminario enmárcase dentro do programa de actividades deseñado pola Xunta de Galicia para a conmemoración do 30º aniversario da Declaración de Santiago de Compostela, na que se designou ao Camiño como primeiro itinerario cultural europeo.

Este seminario, interdisciplinario e internacional, está dirixido a todas aquelas persoas interesadas no Camiño de Santiago e Europa.

Durante tres días, sucederanse relatorios e debates nos que se abordarán os aspectos xurídicos, sociais e culturais do Camiño de Santiago e Europa.

O presente seminario realízase baixo a dirección do Dr. D. Domingo Luís González Lopo, director da Cátedra do Camiño e das Peregrinacións da USC, e da Dra. Dna. María Teresa Carballeira Rivera, secretaria executiva do Grupo Compostela de Universidades.

Ademais, o comité científico do curso está composto por:

  • Dra. Dna. Adeline Rucquoi. Codirectora da Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións.
  • Dr. D. Segundo López. Codirector da Cátedra do Camiño e das Peregrinacións.
  • Prof. Dr. Marek Kr?glewski. Presidente do Grupo Compostela de Universidades.
  • D. Miguel Vázquez Taín. Profesor de Historia da arte da USC.
  • Dna. Marta Cendón. Profesora titular de Historia da arte da USC.

Inscrición gratuíta.

Prazo de solicitude de bolsas aberto ata o 10 de outubro.

MÁIS INFORMACIÓN

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *