Trouleando polo Camiño Norte. Andaina de promoción do novo trazado

O vindeiro venres 1 de setembro ás 14:00h no Salón de Plenos do Concello de Lourenzá terá lugar a presentación oficial desta iniciativa organizada polos Concellos de: Vegadeo, Trabada, Lourenzá e Mondoñedo e as Asociacións: Asturgalaica de Vegadeo e Abrindo Camiño de Mondoñedo coa colaboración doutras entidades públicas e privadas.

Percorrido a pé de promoción do novo trazado desde Salave (Tapia de Casariego ) – Vegadeo – Trabada – Val de Lourenzá – Mondoñedo a realizar os domingos: 3 de setembro, 8 de outubro e 29 de outubro.
Con diversas actividades complementarias: Mesa do Camiño Norte da Costa de concellos e asociacións (tramo Oviedo – Arzúa) Presentación do Proxecto Ultreya. Actuacións musicais. Visitas guiadas. Degustacións gastronómicas…

Inscricións no Concello de Lourenzá.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *