VI Forum “Comuni in Cammino” a Monteriggioni

A Consellería de Cultura e Turismo participará en Italia no VI Forum “Comuni in Cammino”. Via Francigena – Itinerarios Culturais Europeos, que terá lugar entre os días 1-2 de febreiro na Abbadia Isola, na vila toscana de Monteriggioni, na provincia de Siena, un territorio atravesado pola Via Francigena, ruta de peregrinación en dous sentidos: cara Roma e cara Santiago de Compostela. Neste encontro internacional, organizado polo Municipio de Monteriggioni e a Asociación Europea da Via Francigena (AEVF), participan representantes europeos de diversas rutas culturais: Os Camiños de San Olav, representado polo seu director, Hans Morten Løvrød, diversos representantes da Via Francigena, como Massimo Tedeschi, presidente da AEVF, a sra. Martine Gautheron, concelleira de Champlitte (Bourgogne-Franche-Comté) e Vicepresidente da AEVF, Emile Ney, alcalde de Bucey les Gy (Bourgogne-Franche-Comté), FabriceDe Icco, alcalde de Romainmôtier-Envy (Vaud), entre outros

Neste contexto e en representación do Xacobeo, Francisco Singul, xefe de área de Cultura Xacobea dará unha conferencia titulada “La Via Francigena incontra il Cammino di Santiago” .

Lugar: Complesso munumentale di Abbadia Isola. Monteriggioni. Siena

Data: 1 e 2 de febreiro de 2019

Organizan: Cumune di Monteriggioni, Ufficio Turistico di Monteriggioni e Via Francigena European Association

Máis información

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *