VI Xornadas do Camiño de Santiago en Caudete

Lugar: Caudete (Albacete)

Datas: 12, 13 e 14 de maio de 2017

Organizan: Asociación de Amigos de los Caminos del Sureste e Ayuntamiento de Caudete

Comezarán o  venres día 12 de maio, coa celebración dunha interesante conferencia titulada: “O enigma compostelán”, a cargo de D. Alberto Solana de Quesada, presidente da Confraría de Santiago de Madrid. Seguindo o sábado día 13 cun acto de Cesión de Bibliografía do Camiño de Santiago  por parte da nosa asociación á Biblioteca Pública “Ana María Matute” de Caudete e o domingo 14 coa realización da etapa do Camiño de la Lana  entre Alpera e Alatoz.

 

+info

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *