Camiño a Galicia, Camiño Seguro

Webinar “Preparados para o Xacobeo 2021-2022. Camiño a Galicia, Camiño Seguro” 🗓

Ao longo da historia das peregrinacións a Santiago foron varias as pandemias que afectaron ao Camiño e á cidade de Santiago, sen que puidesen vencer ao espírito xacobeo.

A pandemia da Covid-19 ocasionou ao longo de 2020 un forte impacto negativo no movemento de persoas a nivel mundial, co consecuente estrago para o turismo e as peregrinacións.

O Camiño de Santiago viu tamén cómo se reducía o número de peregrinos que transitaron polos itinerarios xacobeos de Europa, en xeral, e de Galicia en particular.

Entre as medidas que tomou a Xunta de Galicia para asegurar a saúde dos peregrinos hai que resaltar as que afectan á rede pública de albergues de peregrinos. Dos 70 albergues só abriron 35, cun terzo da súa capacidade, para asegurar a distancia de seguridade dos usuarios. Do mesmo xeito, os albergues privados abriron ao 50% da súa capacidade, e moitos deles pecharon o servizo de cociña, para evitar contaxios.

Como resultado desta xestión, o Camiño de Santiago en Galicia, nas súas diversas rutas, quedou libre de coronavirus, aínda que os peregrinos chegados no pasado verán -sobre todo os estranxeiros- foron moitos menos que os que viñeron nos mesmos meses de anos anteriores.

Ante o reto de ofrecer aos peregrinos unha Galicia xacobea segura e saudable, farase un webinar dirixido á rede mundial de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, fundacións e cofradías xacobeas e das comunidades galegas no exterior. Celebrarase o sábado 20 de marzo de 2021, de 12 h a 14 h, en formato táboa redonda, na que se explicarán os protocolos que se siguen para a seguridade dos peregrinos no Camiño, lembrando tamén as medidas de seguridade persoal e social que deben adoptar os peregrinos, e que, ao tempo, poda servir de presentación da programación do Xacobeo 2021.

Inscrición: https://zoom.us/webinar/register/WN_pYbl9ycDRAW0ayDbZxO0CA

Scheduled Eventos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *